O proxecto de Rehabilitación Psicosocial do doente larinxectomizado conta coa financiación do Concello de Vigo

Pontevedra - 21/10/2020

A Sede de Vigo da Asociación Española Contra o Cancro ven de recibir unha subvención dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no marco da convocatoria de Subvencións a Entidades e Asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área do servizos sociais no ano 2020, para o desenvolvemento do Proxecto de Rehabilitación Psicosocial do doente larinxectomizado. A presente aportación promove así a consolidación do Programa de atención na vulnerabilidade a doentes diagnosticados con patoloxías oncoloxicas de cabeza e pescozo.

Infocancer 24 horas telefono 900100036
Atención gratuita 24h - 7 días