Programa enRED

A Coruña - 07/10/2020

Un ano máis poñemos en marcha o programa de actividades de prevención, apoio, lecer e formación dirixidas a persoas con cancro e aos seus familiares, enRED

O noso principal obxectivo é promover o benestar integral dos usuarios atendendo ás áreas psicolóxicas, física e social; enRED nace coa intención de ofrecer a pacientes oncolóxicos e aos seus familiares unha carteira de servizos gratuitos de calidade que aglutinen actividades formativas, recreativas e de benestar físico. 

Estas actividades que comezamos no mes de outubro, terán dúas modalidades: presenciais e online. Queremos que se adapten ás necesidades e realidades dos usuarios. As actividades presenciais terán lugar nas localidades de Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. 
Organizamos todas as nosas actividades para que se adapten ás medidas preventivas e hixiénicas que as autoridades sanitarias recomendan para a prevención da Covid-19. 

Infórmate:

 

Más información: Programa

Infocancer 24 horas telefono 900100036
Atención gratuita 24h - 7 días