Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2018

A Sede Provincial de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro, vén de recibir unha subvención no marco da Convocatoria de Subvencións para a contratación de Traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro. Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
A financiación concedida ten por obxecto a promoción da contratación de 3 profesionais durante 7 meses, para levar a cabo distintas accións, a saber:


Unha Licenciada en Publicidade e Relacións Publicas, para levar a cabo a seguinte actividade:

- Empoderamento WEB: Actualización dos contados na paxina WEB da entidade e difusión dos novos canles de comunicación.

Obxectivos e resultados que se pretenden acadar:
Instruír a profesional no uso e coñecemento dos distintos canles WEB da entidade e na política de difusión da información promovida dende a institución.

Unha Psicóloga, para levar a cabo a seguinte actividade:

- Atención Psicolóxica e Coordinación do Voluntariado Hospitalario: Atención psicolóxica e coordinación do equipo de voluntariado da aecc nos hospitais públicos.

Obxectivos e resultados que se pretenden acadar: 

Facilitar a aprendizaxe da profesional do uso da metodoloxía básica na atención emocional a os doentes e as súas familias e promover a das nocións claves para a coordinación dun equipo de voluntariado.

Unha Traballadora Social, para levar a cabo a seguinte actividade:

- Atención Social na Vulnerabilidade: Análise de casos, información e orientación o colectivo e beneficiarios, intervención socio-familiar.
Obxectivos e resultados que se pretenden acadar: 

Facilitar a aprendizaxe da profesional do uso da metodoloxía básica na atención social a os doentes e as súas familias e do uso de técnicas específicas de intervención socio-familiar.

A presente iniciativa esta subvencionada polo Fondo Social Europeo: Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Xunta de Galicia.

 

Convocatoria de Subvencións para a contratación de Traballadores desempregados