/sites/default/files/aecc-posts/Principal-noviembre.jpg

Como previr problemas de próstata? 

 

As patoloxías da próstata encóntranse entre as enfermidades máis frecuentes en homes maiores de 50 anos. Segundo datos do Observatorio do Cancro AECC, o cancro de próstata e o tumor máis frecuente entre os homes con, aproximadamente, 31 728 novos casos ao ano en España (datos 2018). Non obstante, e pese a que a taxa de curación aproxímase ao 90 % cando se diagnostica de forma precoz, os homes seguen sen ser de todo conscientes da importancia de someterse a revisións periódicas para previr o cancro de próstata, así como outras enfermidades prostáticas. 

LE: Todo o que debes saber sobre o cancro de próstata


Que é a próstata? 

 

A próstata é un órgano interno que se encontra na pelve situado detrás do pube, diante do recto e inmediatamente por debaixo da vexiga da urina. A súa función principalmente é achegarlles nutrientes aos espermatozoides e líquido para o seu transporte no seme.

Anatomicamente, sempre se dixo que a próstata ten forma de castaña. Non obstante, o seu tamaño tende a aumentar a partir dos 50; o que supón unha maior probabilidade de sufrir algunha complicación por este motivo.

As enfermidades máis frecuentes da próstata 

  • Hipertrofia prostática. Trátase dun aumento do seu tamaño debido a un tumor benigno denominado adenoma prostático. É moi común e a súa frecuencia aumenta a partir dos 50 anos.
  • Prostatite. Adoita ser máis frecuente en varóns máis novos. Trátase dunha inflamación da glándula que pode ser de orixe infecciosa.
  • Cancro de próstata. É un tumor maligno que asenta na glándula prostática.  A súa frecuencia tamén aumenta a partir dos 50 anos.

 

Factores de risco do cancro de próstata


Como xa temos comentado, a idade é o principal factor de risco do cancro de próstata, especialmente a partir dos 50. Pero, ademais, describíronse outros factores que tamén poden influír no desenvolvemento da enfermidade:
 

  • A dieta e a obesidade poden estar asociadas aos casos máis agresivos. Hai evidencia de que as dietas con alto contido en graxas poderían aumentar o risco de cancro de próstata, así como a inxestión de moita carne vermella e produtos lácteos con alto contido en graxas, aínda que non hai unha evidencia consistente. 
  • Os antecedentes familiares poden considerarse outro factor de risco. Así, a existencia de casos de cancro de próstata en familiares de primeiro grao (pai, irmáns, fillos), aumentan o risco, sobre todo, si se diagnosticou en idades temperás.
  • Por outra parte, e por causas non ben coñecidas, o cancro de próstata é máis frecuente en varóns afroamericanos (aproximadamente un 70 %). Os homes de ascendencia asiática ou os habitantes das illas do Pacífico teñen as taxas máis baixas de incidencia e mortalidade. Os países do sur como España, Grecia ou Italia presentan unha taxa de cancro de próstata máis baixa.
  • É un pequeno porcentaxe de casos, o cancro de próstata pode estar relacionado con certos cambios xenéticos. Existen algunhas familias con mutacións nos xenes BRCA (asociados tamén ao cancro de mama), ou no síndrome de Lynch (cancro colorrectal hereditario sen polipose), que aumentan o risco de padecer un cancro de próstata.
  • Por último, outros factores como as infeccións de transmisión sexual ou a vasectomía seguen en estudo ao carecer de conclusións sólidas na actualidade. 

 

Estilo de vida e prevención do cancro de próstata

A posta en marcha de hábitos de vida saudable sempre é aconsellable para manter un bo estado de saúde e previr moitas enfermidades, tamén as patoloxías asociadas á próstata e ao cancro de próstata.

Manter un peso adecuado, unha dieta saudable (que sexa variada, baixa en graxas, cun alto consumo de froitas e verduras), e realizar actividade física regular, podería ter algún papel na prevención do cancro de próstata, sobre todo, na aparición dos casos máis agresivos. 

Tamén se aconsella evitar unha inxestión excesiva de calcio (por exemplo, suplementos de calcio) se non está xustificada por unha causa médica.

Diminuír o consumo de alcohol (sempre mellor se o eliminamos completamente) e suprimir o hábito de fumar son tamén hábitos moi aconsellables para manter en boas condicións a saúde xeral do noso organismo.

LE: Como previr o cancro?


Cando ir ao urólogo?


Débese acudir ao especialista sempre que existan síntomas urinarios: hematuria (sangue na urina), cambios no ritmo das miccións, dificultade para ouriñar, miccións frecuentes, nicturia (levantarse pola noite a ouriñar), urxencia micción (ganas incontrolables de ouriñar), incontinencia, dor á micción, hemospermia (sangre no seme), exaculalxia (dor ao exacular), dores óseas sen causa xustificada… Malia que, hai que sinalar que o cancro de próstata nos seus estadios iniciais non presenta síntomas ou son indistinguibles dos provocados pola hiperplasia/hipertrofia benigna de próstata.

Como vimos anteriormente, se no hai un especial risco de padecer un cancro de próstata, conviría consultar co seu urólogo a posibilidade e pertinencia de realizar algún tipo de probas a partir dos 50 anos. Esta consulta debe adiantarse en caso de existir factores de risco.

LE: Detección precoz do cancro de próstata, que é a proba do PSA?