A AECC recibe unha subvención de 167.320,44 euros da Xunta de Galicia

Pontevedra - 18/09/2020

A Asociación Española Contra o Cancro recibiu unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 167.320,44 euros, a través da convocatoria do IRPF 2020, co obxectivo de consolidar os programas que desenrola a asociación nas catro provincias galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra).

Grazas a esta dotación económica, a entidade incidirá na mellora das coberturas das necesidades das familias con cancro que viven unha situación de vulnerabilidade no eido psicolóxico e social provocada pola aparición da enfermidade. Os profesionais da aecc xunto aos equipos de voluntariado axudarán e vertebrarán a nova realidade dos pacientes e os seus familiares a través dos programas que son financiados:

- Atención integral a muller con cancro

- Atención integral a familias con persoas maiores o seu cargo en fase paliativa

- Apoio e acompañamento ao doente con cancro e a súa familia a través do voluntariado

- Selección, formación e mantemento do voluntariado

- Apoio social de emerxencia para familias en risco de exclusión social por enfermidade oncolóxica

- Atención especializada as familias de nenas/os con cancro

Infocancer 24 horas telefono 900100036
Atención gratuita 24h - 7 días